Logo FOGA


Teléfono: 981 519 670
Fax: 981 557 589
Edificio FOGA
Rúa Pasteur 32 Polígono do Tambre
15.890 - Santiago de Compotela

Presentación Corporativa - Especial Sector Artes Gráficas

 

:: FOGA ::
     | INICIO
     | EMPRESA
     | CONTACTO
     | NEWSLETTER
     | CLIENTES
:: SERVIZOS ::
     | SERVIZOS
       REPROGRÁFICOS
     | SERVIZOS
       INFORMÁTICOS
     | OTROS
       SERVIZOS
:: WEB COMERCIAL ::
     | INTRANET DE FOGA

 

Seleccione idioma : Galego Español
06 de Setembro de 2010  

FOGA a través de RSS
FOGA en LinkedIn
FOGA en Twitter
FOGA en Facebook
 
 

En FOGA ofrecemos solucións globais
relleno
DocuWare - Para empresas e organismos públicos mais eficientes Comparte en  
Imagen de la noticia España enteira celebra a victoria histórica no Mundial

Este é o titular, detrás hai millóns de documentos 

Agora é moi importante poder xestionar toda esa información dunha forma ordenada, áxil e rápida

Durante e a partir deste pasado Mundial de Sudáfrica no que a Selección Española obtivo a súa mais cobizada victoria, se xeráronse millóns de documentos.

Algúns dos momentos vividos permanecerán na nosa retina durante un período curto de tempo pero o resto desaparecerá.

    * A Xestión Documental debe rexer o fluxo de documentos de todo tipo nunha organización, aplicando principios de racionalización e economía.
    * DocuWare é a solución definitiva e permite implantacións totalmente efectivas en moi pouco tempo
    * FOGA é o provedor que necesita para levar a cabo o seu proxecto

Para xestionar esta inxente cantidade de documentos e poder atopar calquera deles nun dicir amén nace a solución definitiva, DocuWare 5.

Se a súa empresa ou organismo público atópase no mesmo caso de xeración e xestión de multitude de documentos, pregúntenos sobre esta solución que adaptaremos á entidade do seu proxecto.

O sistema DocuWare 5 é un programa de software con tecnoloxía avanzada para xestión integrada de documentos. É capaz de procesar todo tipo de documentos, de fontes diversas; e dispón de procedementos de control internos para asegurar o cumprimento dos requisitos de auditoría de empresa e compatibilidade. DocuWare 5 importa documentos, clasifícaos, engade un índice de texto completo e prepáraos para o procesamento posterior.

O programa está dotado de funcións adicionais para xestión de rexistros, que garanten a seguridade e o control das operacións de acceso. DocuWare 5 utiliza funcións de fluxo de traballo, xestión de contido Web e integración universal para proporcionar eficaces prestacións de xestión de contido empresarial (ECM) que facilitan a expansión no ámbito dunha organización.

Beneficios da Xestión Documental:

    * Aforro en custos de administración
    * Rapidez das xestións administrativas
    * Menor espacio de almacenamento
    * Mellora dos fluxos de traballo de empresas e organismos públicos automatizando moitos dos pasos

DocuWare 5 ofrece comodidade de uso e seguridade. Até os mais esixentes aprobasen o caudal de funcións e a facilidade de uso e administración que, combinado coa seguridade óptima e a capacidade de integración, fan de DocuWare 5 un producto preparado para evolucionar segundo os requisitos da empresa.

O equipo FOGA está certificado para todo tipo de implantacións de calquera proxecto de Xestión Documental, ademais de ofrecer solucións diversas en dixitalización, reprografía e equipos informáticos.

En FOGA ofrecémoslle o mellor asesoramento en implantación de software de xestión documental, dixitalización dos seus arquivos, equipos de captura e para os equipos informáticos e a rede necesaria na súa organización.



Volver
  Tel.: 981 519 670 | correo@foga.es | www.foga.es

2010 © foga.es
 Términos legais
Privacidade de datos