Logo FOGA


Teléfono: 981 519 670
Fax: 981 557 589
Edificio FOGA
Rúa Pasteur 32 Polígono do Tambre
15.890 - Santiago de Compotela

Presentación Corporativa - Especial Sector Artes Gráficas

 

:: FOGA ::
     | INICIO
     | EMPRESA
     | CONTACTO
     | NEWSLETTER
     | CLIENTES
:: SERVIZOS ::
     | SERVIZOS
       REPROGRÁFICOS
     | SERVIZOS
       INFORMÁTICOS
     | OTROS
       SERVIZOS
:: WEB COMERCIAL ::
     | INTRANET DE FOGA

 

Seleccione idioma : Galego Español
06 de Setembro de 2010  

FOGA a través de RSS
FOGA en LinkedIn
FOGA en Twitter
FOGA en Facebook
 
 

En FOGA ofrecemos solucións globais
relleno
Máis de 360 participantes no Congreso Nacional de Artes Gráficas Comparte en  
Imagen de la noticia

Santiago de Compostela acolleu entre os días 10, 11 e 12 de xuño, o Congreso Nacional de Artes Gráficas, un evento organizado pola Federación Empresarial de Industrias Gráficas de España (FEIGRAF) conxuntamente coa Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG). Este primeiro congreso nacional celebrouse o lema: “Camiño de futuro”, porque el sector está convencido de que o producto impreso ten futuro e de que estes días entre compañeiros serían claves para axudar aos empresarios a redefinilo e a prepararse para afrontar os retos que se lles plantexan. Á chamada conxunta de FEIGRAF e AEAGG acudiron 361 participantes de toda España (95 de eles acompañantes). Os asistentes disfrutaron dun completo programa de ponencias e actividades de ocio, entre as que no faltou unha peregrinación, con motivo da celebración do Ano Santo Xacobeo.

Arranque do primeiro congreso nacional del sector

A inauguración do Congreso estivo presidida por D. Antón Louro, excelentísimo delegado do Goberno en Galicia; D. Andrés Fariña, concelleiro de Relacións Institucionais de Santiago de Compostela; D. Millán García, presidente saliente de la FEIGRAF; D. Jacobo Bermejo, presidente da AEAGG; D. Pedro Cuesta, presidente do Comité Técnico do Congreso Nacional de Artes Gráficas; D. Jesús Asorey, presidente da Cámara de Comercio de Santiago; e D. Eladio Muñoz, novo presidente da FEIGRAF.

O Comité Técnico do Congreso seleccionou coidadosamente os temas das ponencias, que tiveron lugar no Auditorio de Galicia, có obxectivo de que “servisen para realizar un exercicio de reflexión conxunta sobre a base de catro cuestións que seguen vixentes ao no haber obtido acerca de elas unha resposta satisfactoria”, tal e como indicou D. Pedro Cuesta, presidente do Comité Técnico, na inauguración do evento.

“A comunicación na era dixital”

Na primeira de elas, D. Manel Martínez, vicepresidente e director do Negocio da Imaxe e Impresión para España e Portugal de Hewlett-Packard Española, falou do futuro da comunicación e deu a coñecer as oportunidades que ofrece o mercado da impresión dixital aos empresarios gráficos.

Imagen de la noticiaPor outra banda, D. Joaquín Rodríguez, autor de: “Os futuros do libro” e director do Máster en Edición da Universidad de Salamanca e do Grupo Santillana, explicou os cambios que está sufrindo o sector editorial coa irrupción do libro electrónico e falou sobre o futuro do libro impreso.

“O papel ten futuro”

Nela, D. Martyn Eustace, responsable de Print Power en Europa y director de Two Sides, detallou as diferentes accións que están levando a cabo en diversos países europeos para promocionar o producto impreso, como o mellor medio desde o punto de vista da comunicación, a sostenibilidade e o medio ambiente.

Por outra parte, Dña. Sonia Pazos, directora del Departamento de proxectos de innovación da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), abordou as oportunidades que ofrece la ecoinnovación ás Pymes do sector, como son a contratación pública verde e a competitividade mediante a diferenciación e o aforro de costos.

No marco do Congreso, Feuga instalou no Auditorio de Galicia una Lonxa de Ecoinnovación. Esta constituíu un punto de encontro da oferta tecnolóxica da Universidade coas necesidades das empresas do sector gráfico.

“O problema é humano, a solución tamén”

Dna. Pilar Gómez-Acivro, experta en xestión de persoas e crises, comezou a súa intervención indicando que: “a actual crise non é financeira nin económica, é humana e a solución tamén”. Ademais, realizou un diagnóstico da situación actual e proporcionou claves de futuro para o desenvolvemento dunha nova economía baseada nas relacións.

“Razones para a cooperación empresarial”

D. Jesús Alarcón, secretario xeral de FEIGRAF, comezou a presentación de esta ponencia realizando unha radiografía del sector que arroxou importantes datos sobre empleo, número de empresas, inversión, facturación, etc. Posteriormente D. Manuel Toledano y D. Álvaro Sánchez, ambos de Baker & McKenzie, acotaron o concepto de cooperación empresarial e detallaron as diferentes fórmulas para facela efectiva. Ademais, D. Ángel Moyano, xerente de Argos Impresores, contou a experiencia da súa empresa.

En definitiva este primeiro Congreso Nacional de Artes Gráficas foi un completo éxito de convocatoria en cantidade de asistentes como en calidade das ponencias e actividades desenvolvidas. E por suposto FOGA congratulase da activa participación nestas xornadas.



Volver
  Tel.: 981 519 670 | correo@foga.es | www.foga.es

2010 © foga.es
 Términos legais
Privacidade de datos