Antes de opinar sobre o que clientes, fabricantes e asesores de servizos como nós, prevén no sector das artes gráficas, convén agradecer á AEAGG a posibilidade de poder expresar a nosa perspectiva, sobre o mercado onde desenvolvemos con maior grao de especialización o noso negocio.
En FOGA gústanos ver a realidade tal e como é, sen ornamentos, e non facemos xuízos de valores futuristas, nin negativos nin positivos, pero sé que falaremos das tendencias actuais e o comportamento das peticións do público ao que se dirixe a nosa consultoría de impresión.
Posuímos un grupo de profesionais de gran experiencia, que transmiten a esta companía todas as demandas operativas do día a día de un impresor, e se en algo coinciden, é en que todos queremos que se cumpran as expectativas de xeración de valor ao cliente final logrando a súa fidelidade. Estamos nun mercado que está vivo, nunha situación similar á división de Pangea, ese gran continente da Paleozoica que acabou desmembrándose e creando os actuais continentes, unha nova situación que creou unha diversidade mais forte pero con especies que perdemos polo camiño.
Así mesmo vive hoxe en día el tecido empresarial das Artes Gráficas unha situación de posicionamento, que se estaá especializando e diversificando para dar servizo á esixencia dos clientes nun mundo onde a présa impera, nun mercado onde a competitividade é unha tenia social que teñen todas as corporacións nas súas tripas, nunha realidade onde so sobrevíveu o mellor adaptado e o mais innovador.
¿Cambiaron os nosos clientes e non os entendemos? Eu creo que o que cambiaron son as súas necesidades e debemos de proporcionar respostas a estas novas visións empresariais, que buscan unha maior eficacia e un grao de personalización mais elevado e dinámico.
O cliente que visitaba unha imprenta tradicional para solicitar un traballo, agora ten moita mais información e móstrase mais pasivo e esixente, navega en redes sociais con inmensa información, non quere investir tempo en balde e desexa o seu traballo acabado distinto ao dos seus competidores e no menor prazo de tempo posible, e todo isto a un prezo competitivo. O sector cambiou da demanda á oferta desde fai anos, aínda que non todos o quixemos ver ata agora, e neste presente o profesional é quen debe mostrar unha maior gama de solucións para que os seus clientes contraten mais servizos, e para iso debe industrializarse mais e reducir custos unitarios.
Xa hai tempo que as pequenas tiradas son unha realidade, as empresas non queren almacenar publicacións con mensaxes anticuadas, queren comunicar as súas novidades moito antes e con creatividade superlativa, queren que os seus folletos cheguen o mais personalizados ao mercado, e isto ten uns custos de persoas tratando o traballo, elevados. Este feito incrementou a importancia de solucións de hardware e software combinadas que resolven estas demandas, e a impresión dixital é o ideal en todas as súas versións.
Nacen as solucións Print to Web, ou como dicimos na miña terra impresión a través de Web, onde a imprenta poderá responder no menor tempo posible aos estudos de deseño que demandan mais axilidade e ao resto de empresas que buscan un servizo onde eles mesmos poden acelerar procesos a menor custo. En FOGA podemos proporcionar a solución completa en impresión dixital, e estamos convencidos que a diferenciación é cada vez mais importante, e que non hai que esperar a que ninguén faga algo que temos que facer nós mesmos. Estas solucións traballan 24 horas e unha persoa non compite con isto por moi profesional que sexa, e o que si está claro é que terá tempo para dedicar a outras tarefas, e para seguir tratando con persoas que é para o que si estamos concibidos.
Crecen as solucións de impresión de datos variables para a personalización que todos buscamos, que mediante simples “clicks” producen traballos de gran dimensión comunicativa, que á fin e ao cabo é o que todos queremos: dar as nosas mensaxes e que todos os comprendan.
O futuro económico depende cada vez mais de nós mesmos, do noso esforzo e de noso empuxe, e como dixo Kearns “na carreira pola calidade non hai liña de meta”. Canto antes asumamos a nosa realidade antes podemos cambiar un anaquiño do noso mundo.
Jesús Tato
Director Comercial FOGA
|